Mais que Cociña
Lista Para Quentar
Instalacions para os Novos Tempos
Con as Persoas, e co Entorno
Mellora Continua
Contacta con nosotros
Diet 4 Elders
 

As dúas grandes áreas de traballo de Cociña Culinaria son a elaboración de pratos cociñados en cadea fría refrixerada, que se realiza dende o centro de produción de Silleda (Pontevedra), e a súa distribución, ao longo de toda a xeografía galega.

As instalacións dimensiónanse nunha planta de 2.450 m2 para unha ratio de produción de 8.000 menús/día, elaborados e distribuídos por un equipo de máis de 40 profesionais.

En Cociña Culinaria adaptámonos axilmente ás necesidades específicas de cada cliente e de cada comensal, empregando sempre materia prima de calidade seleccionada e amparada, na súa maior parte, por selos de calidade de produtores galegos.

 
Capaces de adaptarnos
axilmente ás necesidades
específicas de cada cliente
e de cada comensal.
 
 

Trátase dunha cociña central de cadea fría refrixerada, que mantén o control de trazabilidade e seguridade alimentaria en todo o proceso produtivo (selección de provedores, recepción de mercadorías, almacenaxe, produción, abatemento, empratado...) mediante un sistema integrado de datos.

VALORES DO NOSO CENTRO

  • Na planta tense en conta a racionalización total do proceso produtivo, en canto a materias primas, produto rematado, materias primas auxiliares e persoal, cunha centralización final de fluxos tecnolóxicos.
  • Óptimas condicións de benestar do persoal de produción debido a un mellor acondicionamento do lugar de traballo.
  • Garántense, así mesmo, unhas óptimas condicións hixiénicas do material e do persoal. Coa automatización da elaboración das receitas, e co sistema de limpeza centralizado por satélites acádase o máximo nivel de limpeza e desinfección.
  • Procúrase a mellora na relación co contorno en canto a protección do ambiente, tanto na redución da DBO5 e sólidos en suspensión como no proceso de nitrificación e desfosfatación.
  • A adquisición de equipos e maquinaria coa tecnoloxía máis punteira na pesaxe, elaboración, envasado e etiquetaxe axiliza o noso proceso produtivo.
  • Traballamos no desenvolvemento de novos produtos e presentacións para un mercado que demanda, cada día máis, alimentos de alta calidade.
 
Liña fría:
as últimas técnicas de produción en cociña
ao servizo dos sabores tradicionais.
 
 

 

O centro divídese en catro grandes áreas:

• Área produtiva
• Área loxística
• Área de coordinación e administración
• Área de calidade