Mais que CociƱa
Lista Para Quentar
Instalacions para os Novos Tempos
Con as Persoas, e co Entorno
Mellora Continua
Contacta con nosotros
Diet 4 Elders

Aviso legal

O proxecto de Cociña Culinaria nace co obxectivo de crear unha cociña de menús do día lista para quentar, conta cunha infraestrutura e cunha loxística capaces de satisfacer as necesidades dos diversos colectivos, apoiada nun importante equipo de profesionais (cociñeiros, dietistas, responsables de calidade...).

Culinaria crea esta nova cociña para prestar servizo a persoas que requiren unha atención especial, non só na alimentación, senón tamén no trato. Por este motivo ofrecemos un servizo integral, próximo e de calidade, máis aló dun punto de vista meramente nutricional.

Cociña á carta lista para quentar,
baseada en receitas da nosa cociña tradicional.

Os pratos e menús elaborados en Cociña Culinaria adáptanse aos gustos de cada usuario e aos requirimentos de cada servizo. Todos os nosos pratos se elaboran a partir dunha receita avalada por unha ficha técnica valorada nutricionalmente polo equipo responsable de calidade e nutrición.

Na elaboración de cada prato, os nosos cociñeiros coidan especialmente a súa preparación, para que os alimentos conserven todas as propiedades organolépticas e nutritivas dos seus ingredientes.

Actualmente en Cociña Culinaria dispoñemos de menús con máis de 90 especialidades diferentes, coa posibilidade de envasado en formatos adecuados á demanda dos consumidores e dos diversos servizos.

Poñemos continuamente no mercado novos produtos que responden ás necesidades puntuais dos consumidores e ao mellor momento dos alimentos de tempada.

Menús envasados en distintos formatos
adecuados á demanda do consumidor
e dos diversos servizos.