Continua o programa de degustacións e catas profesionais na semanaverde22
-
De 12:00 a 16:00 horas no stand da empresa na Zona 1 –área profesional-
- Ás 17:00 horas haberá unha degustación de Galo de Curral asado á forma tradicional
Silleda, 3 de xuño de 2022.- A empresa Culinaria continúa co programa de degustacións e catas profesionais na #semanaverde22 na franxa horaria de 12:00 a 16:00 horas no stand que a empresa ten na Zona 1 –área profesional-.
Durante os catro días que dura o evento, Culinaria está a realizar un completo programa destinado tanto a profesionais como a visitantes, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuran ensaladas e entrantes, carnes, arroces e prostres.
Nas catro xornadas de apertura da Feira, os cociñeiros de Culinaria, Julio Mato del Río e Marcelo Torres elaborarán un total de 1.700 racións-degustación que se ofrecerán ao público previa reserva anterior no propio stand.
Con esta ampla variedade, Culinaria quere achegar a cociña rica, caseira e natural que se elabora diariamente nas cociñas que a empresa ten en Silleda e que se comercializa en toda Galicia, aos visitantes e profesionais que se acerquen á Semana Verde. Concretamente, catro carnes cociñadas a baixa temperatura, sete pratos de quinta gama e dous prostres completan a oferta diaria.
Asemade, no propio stand se ofrece tamén atención personalizada aos profesionais que precisen o servizo que se ofrece: comida tradicional galega servida coa última tecnoloxía para unha mellor conservación.
Sorteo de tres Galos de Curral
Ademais das racións degustación de varias pezas cociñadas por Culinaria cunha coidada preparación artesanal, realizarase tamén un sorteo de tres galos de curral cociñados ao modo tradicional entre o público asistente. Para poder participar é necesario cubrir un formulario no stand en modelo dixital ou papel, segundo as preferencias de cada visitante.
A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de case 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 12.000 e 15.000 pratos día que se serven a uns 4.500 comensais diarios de toda a Comunidade galega.
Esta planta está especialmente deseñada e dotada para levar a cabo servizos de alimentación en liña fría ou quente que permite, asemade, combinar os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros. Esta dotación posibilita á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria.
No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornos clínicos e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.