Culinaria ofrece solucións de restauración para o ámbito profesional

  • Cociña lista para consumir e cunha saborosa e variada oferta

  • Os profesionais poderán facer os seus pedidos comodamente dende a Web

  • Ideal para o sector hostaleiro e de restauración, trátase dun servizo que facilita a xestión e rendibilidade da cociña destes establecementos na época estival.

    Silleda, 9 de maio  de 2022.- A empresa Culinaria a través das súas liñas Culinaria Pro e Menú Atlántico traballa en ofrecer solucións de restauración para o ámbito profesional, principalmente nos sectores hostaleiro, hoteleiro e da distribución alimentaria tanto de gran consumo como de tendas de proximidade (alimentación especializada ou pratos preparados listos para levar).

    Trátase dunha cociña totalmente rematada e lista para consumir baseada en receitas tradicionais, “as de toda a vida”, consumidas habitualmente en todos os fogares galegos e demandadas nos seus restaurantes. Isto fai que se adapte aos gustos de consumidores moi variados e a converte nunha proposta ideal para establecementos profesionais nos meses de verán.

    A proposta de restauración de Culinaria baséase en tres piares fundamentais: a escoita constante das necesidades que teñen actualmente os restauradores, o uso dos últimos avances tecnolóxicos que permiten unha gran flexibilidade no uso dos pratos e case cero desperdicio de alimentos e un estrito control de calidade que garante ao establecemento profesional a ausencia de problemas hixiénico-sanitarios.

    A proposta de servizo para os profesionais permite tanto unha demanda puntual (por exemplo, compensar unha perda imprevista de persoal ou prestar un servizo para un evento concreto que supere as capacidades habituais do establecemento), un complemento á oferta habitual do establecemento ou mesmo propoñer un novo modelo de xestión do establecemento, co  obxectivo de facelo estable no tempo.

    Existen dúas liñas de produtos orientadas a diferentes usos profesionais: Culinaria Pro adáptase aos clientes que desexen personalizar a súa oferta gastronómica, con formato multirración (bandexa de 1,5 Kg) para a venda a granel ou dar un servizo en mesa coma se fora cociñado uns momentos antes. Non obstante, para os que consideren un uso máis puntual ou unha venda ao cliente final, ofrécese a liña Menú Atlántico, en formato monorración que permite un consumo individual.

    Culinaria conta cunha planta de produción propia de case 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 12.000 e 15.000 pratos día que se serven a máis de 4.500 comensais diarios de diferentes puntos de Comunidade galega.