Profesionais e visitantes probaron máis de 1.700 tapas na #semanaverde22

Profesionais e visitantes probaron máis de 1.700 tapas na #semanaverde22

  • Durante os catro días de celebración da Feira, Culinaria ofreceu unha ampla variedade de racións-degustacións

    Silleda, 8 de xuño  de 2022.- Durante os catro días de celebración da Feira #semanaverde22, os visitantes que pasaron polo stand de Culinaria probaron máis de 1.700 racións-degustacións dunha coidada selección realizada polos cociñeiros especializados da empresa, Julio Mato del Río e Marcelo Torres. Concretamente, catro carnes cociñadas a baixa temperatura, sete pratos de quinta gama e dous prostres completaron a oferta diaria.

    Culinaria realizou pois un completo programa destinado tanto a profesionais como a visitantes, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuraron ensaladas e entrantes, carnes, arroces  e prostres.

    Con esta ampla variedade, Culinaria achegou a cociña rica, caseira e natural que se elabora diariamente nas cociñas que a empresa ten en Silleda e que se comercializa en toda Galicia, aos visitantes e profesionais que se acercaron á Semana Verde.

    A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de case 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 12.000 e 15.000 pratos día que se serven a uns 4.500 comensais diarios de toda a Comunidade galega.

    Esta planta está especialmente deseñada e dotada para levar a cabo servizos de alimentación en liña fría ou quente que permite, asemade, combinar os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros. Esta dotación posibilita á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria.

    No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornos clínicos e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.