culinaria_cocina_profesional2-1

Melloras no programa de atención alimentaria a domicilio

Os usuarios con deterioro cognitivo disporán de sensores nas súas vivendas para asegurar que seguen as pautas de alimentación correctas

Silleda, 12 de marzo de 2022.- Culinaria anunciou que nestes momentos estanse a instalar sensores nas neveras e nos microondas de usuarios con deterioro cognitivo do programa de atención alimentaria a domicilio para facer un seguimento axeitado das súas pautas de alimentación e detectar situacións que poidan precisar de intervencións no ámbito social ou sanitario.

Esta medida poderíase extender a aqueles usuarios que o precisen ou que o consideren oportuno, seguindo as pautas formais coas súas familias.

Os destinatarios ideais desta mellora, nun primeiro momento, serían os maiores de 60 anos que viven sos e as persoas dependentes. Deste xeito, o persoal do programa asegúrase de que, unha vez entregada a comida nos fogares, os maiores realizan un uso correcto dos menús tanto na súa conservación como consumición.

Así, a elaboración das dietas deste programa, nas que se presta unha especial atención aos procesos evolutivos propios da idade e se favorece a prevención e tratamento de patoloxías concretas para contribuir dun modo global a manter e mellorar a súa calidade de vida, se complementa con estas melloras tecnolóxicas que aseguran un correcto seguimento das pautas alimentarias.