futuragardería

A Asociación do Polígono Industrial propón a creación dunha escola infantil en Área 33

  • Ante a necesidade das familias que traballan no Polígono de conciliar a vida laboral

  •  A entidade fixo a proposta ao Concello que estudará a petición

Silleda, 13 de xullo de 2022.-  A Asociación do Polígono Industrial ven de propoñer a dotación dunha Escola Infantil en Parque Empresarial Área 33. Membros da directiva puxéronse en contacto nas últimas semanas co Concello de Silleda a fin de estudar a creación deste servizo, co que se busca facilitar ás familias silledenses que traballan no polígono a conciliación da vida laboral e familiar.

Dende o colectivo advírtese que, coa súa creación, habería máis oferta de servicios para a conciliación familiar e coidado de menores, debido a que actualmente a gardería pública existente ten xa todas as prazas ocupadas.

Asemade xustifican tamén a súa solicitude na consideración de que este servizo redundaría na consolidación do tecido industrial de Silleda.

A Asociación de Empresarios do Polígono silledense propuxo deste xeito ao Concello a dotación do servizo, tendo en conta que a entidade local dispón de parcelas no recinto empresarial.

Segundo a Asociación, dende o Concello de Silleda o goberno municipal se compromete a estudar esta solicitude, analizando a súa viabilidade en canto sexa posible e contando co apoio doutras administracións.