A compañía galega de servizos de alimentación
Referencia da restauración social e privada en Galicia
Somos especialistas en alimentación saudable e ofrecemos respostas ricas e sas ás necesidades nutricionais de cada persoa.
En Culinaria consolidamos unha sólida traxectoria de máis de 20 anos no sector da restauración colectiva e social como a compañía galega especializada en servizos de alimentación saudable: rica e nutricionalmente equilibrada e adaptada a todo tipo de dietas.
Cociñamos e servimos pratos e menús saborosos, variados e equilibrados, adaptados a cada idade, aos gustos e preferencias culinarias galegas e as necesidades concretas de cada persoa incorporando o enfoque nutricional, dietético ou clínico que permite comer rico e tamén san.
en cifras
+20
anos de experiencia
contrastada en diversos servizos públicos e privados de recoñecido prestixio
+150
profesionais
experimentados
ssempre en formación continua contan cun alto grao de especialización
+500
variedades de pratos semanais
que dan resposta tanto ás necesidades de profesionais e empresas, como a usuarios individuais con necesidade de dietas específicas na súa alimentación
+15.000
pratos cociñados
diariamente
de ratio actual, cun alto grao de planificación e organización loxística
ofrecemos
Unha proposta
gastronómica propia
da nosa dieta atlántica
En Culinaria asumimos o reto de crear unha proposta gastronómica especificamente galega: unha cociña natural e de mercado baseada nos beneficios da dieta atlántica.
Traballamos con materias primas galegas de primeira calidade (amparadas por selos de garantía) e temos nos produtos de tempada a uns dos nosos principais aliados, porque equivale tamén a cultivos máis naturais e que conservan plenamente toda a súa achega nutricional.
Como se fixo toda a vida
Cociñamos como se fai en calquera dos nosos fogares: con receitas ricas e saudables e envasando os nosos pratos ao baleiro para asegurar a súa conservación.
Así de sinxelo:
a cociña de sempre natural e de mercado, elaborada sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade
solucións
Cociña á carta lista para consumir
Con todo o sabor e propiedades nutricionais en tan só tres minutos de microondas ou forno.
Cociña transportada en quente ou en frío de longa duración
Na que os pratos se arrefrían rapidamente, o que permite que os alimentos se conserven ata 21 días con todas as súas propiedades.
Avalada por un equipo de especialistas en Calidade e Nutrición
Con receitas e preparación dos pratos para que os alimentos manteñan todas as propiedades organolépticas e nutritivas dos seus ingredientes.
Desenvolvemento continuo dunha ampla proposta gastronómica
Máis de 500 variantes diferentes que dan resposta aos distintos comensais, incluídos aqueles que requiren de dietas especiais.
Carta adaptada aos gustos de todas as persoas
Con receitas tradicionais ou pratos actuais e selectos, respostas especializadas para a restauración sociosanitaria ou a profesional.
e respostas
Unha resposta aceitada a cada necesidade
Creamos estrutura corporativa concibida para prestar aos nosos clientes –sector público ou privado– un servizo integral, áxil e acorde coas súas necesidades concretas, polo que desenvolvemos a nosa actividade a través de distintas divisións que nos permiten ofrecer solucións especializadas segundo as características de cada servizo.
Adaptámonos ás diferentes necesidades de cada cliente tamén co tipo de distribución ou a prestación do servizo e cunha ampla variedade de formatos en canto a tamaños de ración e presentacións de pratos.
Nos adaptamos a las diferentes necesidades de cada cliente también con el tipo de distribución o la prestación del servicio y con una amplia variedad de formatos en cuanto a tamaños de ración y presentaciones de platos.
Distribuímos con frota propia e adaptada ao transporte en frío ou en quente, segundo sexa preciso en cada servizo
Proporcionamos solucións no ámbito profesional no sector hostaleiro, hoteleiro e distribución (gran distribución ou retallista), ou outras entidades con necesidades de cátering.
Culinaria Sénior –con sección propia, Xerocatering, para a execución dos distintos servizos– facilitamos resposta ás necesidades propias das persoas maiores.
En Culinaria San desenvolvemos proxectos nutricionais especiais para contornas clínicas.
Resposta ás novas tecnoloxías e ás necesidades das persoas.
Culinaria On convértese na nosa canle en liña de pratos e menús ricos para a etapa adulta.
Desde Culinaria Kids atendemos aos requirimentos nutricionais concretos dos máis pequenos cunha liña específica para a etapa infantil e xuvenil.
innovadoras
Innovación tecnolóxica e persoas ao servizo
da cociña de sempre
Planta de produción de última xeración
Desenvolvemos todo o proceso de elaboración alimentaria nunha única e innovadora planta de produción situada no corazón de Galicia, en Silleda, que nos permite combinar os procedementos da cociña de sempre cos sistemas de conservación de última xeración
Sistemas de Xestión Integral de Calidade
O noso centro permítenos acadar un alto grao de planificación e organización, ademais de garantir un nivel óptimo de calidade e seguridade e hixiene grazas ao noso Sistema Integral de Xestión da Calidade, que ten implantado as Normas ISO 9001:2015 e UNE-EN- ISO 22000:2005
Innovación en planificación e control
Aplicacións específicas de xestión, planificación e control, e unha frota propia e adaptada. Cando así se require, dispoñemos tamén de innovadoras ferramentas de control a distancia que garanten a seguridade na conservación dos diferentes pratos e menús tamén no punto de destino.
Equipo humano comprometido
Todo é posible grazas a nosas e os nosos profesionais, un equipo de máis de 150 persoas, que sempre en formación continua contan cun alto grao de especialización e integran un dos principais activos da nosa compañía.