menu-atlantico-info-mobile

Culinaria presenta o seu menú Atlántico para profesionais

Consiste nunha liña para sectores hosteleiros e distribución, con posibilidade de multirración ou listo para levar individual ou familiar

Silleda, 3 de marzo de 2022.- A empresa Culinaria, referencia da restauración en Galicia, ven de presentar o seu menú Atlántico para profesionais. Consiste nunha liña de menús pensada para sectores hosteleiros, hotelero e da distribución alimentaria, ben sexa a gran escala ou minorista e inclúe a posibilidade de multirración ou listo para levar de xeito individual ou familiar. Esta oferta tamén proporciona solucións nutricionais  a entidades sociais e de ocio con necesidades dun servizo de catering, xa sexa estable ou puntual.

O servizo está diseñado cunha dobre liña de elaboración: unha tradicional que lembra ao consumidor os sabores, aromas e texturas da cociña galega caseira; e outra mais actual e sofisticada, que permite aos clientes dispor dunha carta máis global donde hai menús especiais e incluso outros sorprendentes.

A liña permite tamén adaptarse as demandas dos profesionais que desexen personalizar a súa oferta gastronómica con formato multirración para a venda ao peso ou servizo en mesa, así como aqueles que precisen un producto totalmente acabado e con marca recoñecible, como é o caso dos platos do Menú Atlántico.