Culinaria incrementa o tempo que pasa o persoal coas persoas usuarias do programa da Xunta de Galicia Xantar na Casa
Reportarán aos Servizos Sociais calquera incidencia que detecten nos fogares e realizaranse chamadas periódicas a aqueles que precisan de acompañamento
Silleda, 6 de marzo de 2022.– Co obxecto de mellorar o programa Xantar na Casa da Xunta de Galicia, a empresa Culinaria dá un salto cualitativo no servizo ao incrementar o tempo que pasa o persoal do programa coas persoas usuarias, e que ten como fin paliar a soidade non desexada.
Deste xeito, os profesionais do servizo permanecerán máis tempo no acompañamento o que lles axudará a detectar calquera incidencia nos fogares que trasladarán a Servizos Sociais. Asemade incluirán no programa chamadas telefónicas periódicas a aqueles beneficiarios que precisen de acompañamento.
Con esta medida, Culinaria ofrece un servizo extra de apoio a persoas dependentes e as súas familias que se suma á de proporcionar unha alimentación de calidade, nutritiva e saudable.
Na actualidade, o programa Xantar na Casa da Xunta de Galicia, adscrito ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, chega a case 1800 usuarios e son xa uns 190 Concellos de toda Galicia os que están adheridos a esta iniciativa.