Skip to content
menu-atlantico-info-mobile

Aumenta nun 25% o número de comensais diarios de Culinaria

  • Culinaria cociña cerca de 20.000 pratos día para 6.500 comensais

  •  Impulsa a alimentación elaborada con produtos de proximidade

Silleda, 25 de outubro de 2023.- Culinaria aumenta nun 25 por cento  o número de comensais diarios dende o inicio de 2022 ata xuño de 2023, polo que os usuarios de diferentes puntos da Comunidade galega pasan dos 5.000 a os 6.500-6.600, segundo as circunstancias.

Con este incremento, Culinara quere agradecer a confianza dos usuarios no seu servizo e anunciar que axusta a súa oferta de menús ás novas estacións, cunha coidada  selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuran ensaladas e entrantes, carnes, arroces  e prostres.

Con esta ampla variedade, Culinaria quere achegar a cociña rica, caseira e natural que se elabora diariamente nas cociñas que a empresa ten en Silleda e que se comercializa en toda Galicia.

Nunha clara aposta polos produtos de proximidade, os menús da nova tempada de Culinaria responden a unha liña de materias primas de tempada, que axuda a lembrar ao consumidor os sabores, aromas e texturas da cociña galega de casa.

A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de case 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran tódolos menús.

Esta planta está especialmente deseñada e dotada para levar a cabo servizos de alimentación en liña fría ou quente que permite, asemade, combinar os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros. Esta dotación posibilita á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria.

No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornos clínicos e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.

Culinaria conta cun Sistema integral de Xestión da Calidade que ten implantado as Normas ISO 9001:2015E UNE-EN-ISO 22000:2018, de elaboración e distribución de comidas para persoas e colectividades, e seguridade alimentaria, respectivamente.