botafumeiro

Culinaria aposta polo deporte

  • Patrocina ao club ciclista amateur CC Botafumeiro

  •  Na Ruta Ciclodeportiva participou o director da empresa Culinaria, Manuel Araujo

  •  O Botafumeiro acada a Medalla de bronce na proba de Pontevedra “Costa Atlántica MTB Tour”

Silleda, 11 de setembro de 2023.- A empresa Culinaria aposta polo deporte e ven de patrocinar ao club ciclista amateur CC Botafumeiro, un dos máis antigos da comarca de Santiago de Compostela, con máis de 30 anos de historia.

Na actualidade o club conta con 18 socios de idades comprendidas entre os 30 e os 75 anos.

Na xornada de onte domingo, o club realizou unha Ruta Ciclodeportiva a Fisterra dende Santiago de Compostela, cun percorrido de 122 quilómetros pola costa,  pasando polas  localidades de Noia, Muros, Carnota, Corcubión, para rematar no Faro de Fisterra.

Asemade, onte tamén, un dos seus socios, Kendal, acadou a terceira posición na última etapa e a cuarta na xeral da proba de Pontevedra Costa Atlántica MTB Tour, na categoría master 30 que rematou este domingo, día 10 de setembro, na cidade do Lérez.