Culinaria celebra o Nadal cos máis pequenos
-
Foi unha xornada especial destinada aos fillos dos empregados da empresa
-
Taller de galletas, agasallos e peche con música e baile centraron as actividades
Culinaria celebrou onte nas instalación de Silleda unha actividade especial cos fillos dos empregados destinada a que os máis pequenos coñezan o traballo que realizan os seus pais.
Nestes momentos a empresa conta cuns 150 empregados.Concretamente, a xornada desenvolveuse ao longo da mañá, iniciándose sobre ás 10 hora cunha benvida especial aos cativos.
Posteriormente tiveron lugar actividades creativas, un percorrido interactivo polas instalacións, un taller de galletas e un peche con música e baile do que desfrutaron os cativos.
Con esta actividade, Culinaria quixo ofrecer unha experiencia educativa e divertida na que os nen@s puideran aprendan sobre o entorno laboral dos seus pais.
A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboranentre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.