Culinaria cociña cerca de 15000 pratos diarios para uns 4500 comensais
-
Na súa planta de producción propia de case 2500 metros cadrados situada en Silleda
Silleda, 21de xullo de 2022.- A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de case 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia.
Dende estas instalacións se elaboran diariamente entre 12.000 e 15.000 pratos que se serven a uns 4500 comensais diarios de diferentes puntos da Comunidade Galega.
Esta planta está especialmente deseñada e dotada para levar a cabo servizos de alimentación en liña fría e permite, asemade, combinar os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros por dispor dun circuíto de “marcha adiante” que impide a contaminación cruzada e garante a trazabilidade ao longo de tódolos procesos.
Esta dotación posibilita á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un óptimo nivel de seguridade e hixiene alimentaria.
Culinaria conta cun Sistema integral de Xestión da Calidade que ten implantado as Normas ISO 9001:2015E UNE-EN-ISO 22000:2018, de elaboración e distribución de comidas para persoas e colectividades, e seguridade alimentaria, respectivamente.