Culinaria fai partícipe á Asociación de Criadores de Galo de Curral do éxito das degustacións en Fitur
-
O director da empresa, Manuel Araujo, destacou a excelente calidade da materia prima
-
ctualmente pódese ampliar información sobre o Galo e a súa comercialización na web https://cocinaculinaria.com/galodecurral/
Silleda, 23 de xaneiro de 2023.- O director da empresa CULINARIA, Manuel Araujo, agradeceu á Asociación de Criadores de Galos de Curral o seu excelente traballo na crianza do Galo de Curral de Vila de Cruces e considera que o triunfo das degustacións que tiveron lugar en Fitur son en parte pola boa calidade desta materia prima.
O Showcooking das dúas elaboracións do Galo de Curral de Vila de Cruces celebrado en Fitur polos dous cociñeiros de CULINARIA foi un éxito de público, que se acercou a degustar as modalidades deste produto galego nas súas preparacións de asado ao forno e guisado con guarnición.
CULINARIA participa así como empresa cooperante a nivel nacional na difusión é promoción do Galo de Curral, criados ao xeito tradicional no Concello de Vila de Cruces. A empresa participa coa Asociación de Criadores de Galos de Curral de Vila de Cruces na promoción deste produto autenticamente galego, criados sen castrar e en liberdade e alimentados con produtos de tempada e cultivo orgánico que evita a graxa do polo industrial. Recentemente recibiron un galardón como empresa colaboradora por estas dúas elaboracións na Feira do Galo que se celebrou neste Concello de referencia a finais de decembro do 2022.
O stand do Concello de Vila de Cruces converteuse nunha festa de exaltación deste produto galego recuperando as receitas que se utilizan en Galicia dende tempos antigos. Os cociñeiros Marcelo Torres, responsable de I+D+I de CULINARIA, e Julio Mato del Río, condutor do programa de cociña da TVG A Voltas co Prato, foron os encargados das elaboracións que causaron sensación no público asistente.
Ambos conseguiron varios resultados ao padal coas súas preparacións tradicionais de forma lenta que libera parte da graxa que se foi acumulando entre os diversos músculos durante os meses de crianza, e que é un dos factores principais da primeira sensación dun sabor especial que se sinte ao mastigar. Entre os seus obxectivos están que o galo resulte mais tenro, e que non se desfaga durante a preparación.
Actualmente pódese ampliar información sobre o Galo e a súa comercialización na web https://cocinaculinaria.com/galodecurral/