Culinaria foi a encargada das elaboracións das carnes do Gran Cocido Solidario de Lalín, con éxito de público e recadación
-
CULINARIA participou como patrocinadora do evento
-
Os máis de 60 mil euros recadados foron entregados en dous cheques de 30.011 euros ao Banco de Alimentos e a Mensaxeiros pola Paz
-
CULINARIA foi a empresa encargada da preparación dos 1.300 quilos das carnes ofrecidas no Cocido Solidario
Silleda, 31 de marzo de 2023.- A empresa CULINARIA foi a encargada de preparación dos 1.300 quilos das carnes ofrecidas no Gran Cocido de Lalín con Sabor Solidario, que se celebrou onte no recinto de IFEMA, en Madrid, que conseguiu reunir a máis de 1.600 persoas e recadar máis de 60 mil euros.
A totalidade das carnes foron cociñadas pola empresa cun delicado proceso de preparación combinando os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros para acadar a máis alta calidade e que se puideran servir con todo o seu esplendor.
Este proceso posibilitou á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria no seu transportado a Madrid. O éxito foi rotundo como o amosaron as cifras de comensais, máis de 1.600, que se acercaron a degustar este produto, por excelencia, da cociña galega.
Embaixadores de Galicia e apoio a fins solidarios
CULINARIA participa así como empresa patrocinadora a nivel nacional na promoción do Cocido de Lalín e na difusión da excelencia dos seus produtos e da cociña da comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Recentemente recibiron un galardón como empresa colaboradora por dúas elaboracións na Feira do Galo que se celebrou a finais de decembro do 2022. Asemade, a empresa participa coa Asociación de Criadores de Galos de Curral de Vila de Cruces na promoción deste produto autenticamente galego, criados sen castrar e en liberdade e alimentados con produtos de tempada e cultivo orgánico.
A empresa CULINARIA conta cunha planta de produción propia de case 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.
No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro e Menú Atlántico, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornas clínicos e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.