Post de Instagram Nota de Aviso

Culinaria ofrece 3000 tapas ao público e un showcooking na Feira Semana Verde de Galicia

  • Nun stand propio no Pavillón 1 –área profesional-

  •  O domingo realiza un showcooking na Terraza Salimat (stand F14)

Silleda, 30  de maio  de 2024.-  Un total de 3.000 tapas e un Showcooking serán ofertados ao público de Semana Verde pola empresa Culinaria durante os catro días de duración da programación da Semana Verde de Galicia.

Concretamente, entre as 13:00 h e as 15:00 h poderán degustarse diferentes tipos de ensaladas frías, potaxes, guisos, arroces e carnes cociñadas a baixa temperatura, incluído o Galo de Vila de Cruces (asado e guisado), ademais de sobremesas.

No stand (H4) no Pavillón 1 –área profesional- dende hoxe día 30 de maio e ata o día 2, Culinaria realizará un completo programa destinado tanto a profesionais como a visitantes, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuran ensaladas e entrantes, carnes, arroces  e prostres.

Asemade, Culinaria ten programado un showcooking baixo o título “Culinaria máis que xantar” para o domingo, día 2 de xuño na Terraza Salimat (Stand F14, Pavillón 1), no que se elaborarán diferentes preparacións con carnes cociñadas a baixa temperatura, para dar a coñecer as posibilidades que ten a proposta de cociña de Culinaria para dar solucións ó canal HORECA, o por extensión o público en xeral.

Asemade, haberá atención personalizada aos profesionais que precisen o servizo que se ofrece: comida tradicional galega servida coa última tecnoloxía para unha mellor conservación.

A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.

Esta planta está especialmente deseñada e dotada para levar a cabo servizos de alimentación en liña fría ou quente que permite, asemade, combinar os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros. Esta dotación posibilita á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria.

No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornas clínicos e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.