Culinaria participa na Feira Semana Verde de Galicia 2023
-
Cun stand propio no que se ofrecerán arredor de 3.500 tapas
-
Amosa ao público unha ampla mostra dos menús que elaboran e comercializan
Silleda, 6 de xuño de 2023.- A empresa Culinaria anuncia que participa na Feira Semana Verde de Galicia cun stand (H4) no Pavillón 1 –área profesional– no que ofrecerá diversas degustacións. Coa súa presenza acércase ao público dende un certame que está a ser un escaparate de Galicia para o mundo.
Durante catro días (do 8 ó 11 de xuño), Culinaria realizará un completo programa destinado tanto a profesionais como a visitantes, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuran ensaladas e entrantes, carnes, arroces e prostres.
Con esta ampla variedade, Culinaria quere achegar a cociña rica, caseira e natural que se elabora diariamente nas cociñas que a empresa ten en Silleda e que se comercializa en toda Galicia, aos visitantes e profesionais que se acerquen á Semana Verde. Concretamente, entre as 12:00 h e as 15:00 h poderán degustarse diferentes tipos de ensaladas frías, cremas frías, arroces e carnes cociñadas a baixa temperatura, incluído o Galo de Vila de Cruces (asado e guisado).
Nas catro xornadas de apertura da Feira, os cociñeiros de Culinaria elaborarán un total de 3.500 racións-degustación que se ofrecerán ao público.
Culinaria ten programados sendos showcookings (“Experimenta todo o sabor da baixa temperatura) o sábado de 18:00 h a 19:00 h no Stand E10 (Pabellón 1) de ADR Terras de Pontevedra e o domingo de 18:30 h a 19:30 h na Terraza Salimat (Stand F14, Pavillón 1), nos que se elaborarán diferentes preparacións con carnes cociñadas a baixa temperatura e para dar a coñecer o novo proxecto de produtos transformados a base de carne que se está a poñer en marcha para dar solucións ó canal HORECA.
Asemade, haberá atención personalizada aos profesionais que precisen o servizo que se ofrece: comida tradicional galega servida coa última tecnoloxía para unha mellor conservación.
A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.
Esta planta está especialmente deseñada e dotada para levar a cabo servizos de alimentación en liña fría ou quente que permite, asemade, combinar os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros. Esta dotación posibilita á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria.
No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornos clínicos e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.