Culinaria participa no acto de agradecemento do Concello de Lalín ás empresas colaboradoras no Gran Cocido Solidario
-
Asiste como patrocinadora do evento
-
CULINARIA foi a empresa encargada da preparación dos 1.300 quilos das carnes ofrecidas no Cocido Solidario
Silleda, 3 de abril de 2023.- A empresa CULINARIA participou esta tarde no acto de agradecemento organizado polo Concello de Lalín ás empresas colaboradoras no Gran Cocido Solidario que se celebrou a semana pasada no recinto de IFEMA, en Madrid, e que conseguiu reunir a máis de 1600 persoas.
O director xerente da empresa, Manuel Araujo Prado, foi o encargado de recoller o diploma-certificado de agradecemento pola colaboración, nun acto que comezou ás 18:00 horas e que estivo presidido polo Alcalde de Lalín, José Crespo.
Culinaria foi a encargada da preparación dos 1.300 quilos das carnes ofrecidas no Gran Cocido de Lalín con Sabor Solidario, no que se recadaron máis de 60 mil euros destinados a fins benéficos.
A totalidade das carnes foron cociñadas pola empresa cun delicado proceso de preparación combinando os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros para acadar a máis alta calidade e que se puideran servir con todo o seu esplendor.
Este proceso posibilitou á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria no seu transportado a Madrid.
A empresa CULINARIA conta cunha planta de produción propia de case 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.