Culinaria participa no Fórum Gastronómico de A Coruña
-
Cun stand propio no que se ofrecerán mostras dos produtos gastronómicos aos profesionais do sector
-
Os días 7, 8 e 9 de abril en ExpoCoruña
Silleda 6 de abril de 2024.- A empresa CULINARIA anuncia que participa no Fórum Gastronómico de A Coruña cun stand propio, o 451, no que ofrecerá diversas mostras dos produtos que elabora aos profesionais do sector. Con esta presenza, Culinaria quere estar no maior evento gastronómico profesional do norte de España que se celebra en Galicia dende o ano 2008.
Durante tres días (do 7 ao 9 de abril), Culinaria realizará un programa destinado a profesionais co obxecto de dar a coñecer a cociña rica, caseira e natural que se elabora diariamente nas instalacións que a empresa ten en Silleda e que se comercializa en toda España.
A exposición contará cunha coidada selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuran ensaladas e entrantes, carnes, arroces e prostres. Tamén se mostrarán as preparacións con carnes cociñadas a baixa temperatura.
A proposta de servizo para os profesionais permite tanto unha demanda puntual (por exemplo, compensar unha perda imprevista de persoal ou prestar un servizo para un evento concreto que supere as capacidades habituais do establecemento), un complemento á oferta habitual do establecemento ou mesmo propoñer un novo modelo de xestión, co obxectivo de facelo estable no tempo.