IMG-20221014-WA0015

Culinaria valora positivamente o II Congreso da Asociación de Centros de Día de Galicia

  • Pola súa importancia para camiñar cara a un novo concepto de vellez

  • A empresa participa por segundo ano consecutivo no encontro organizado por ACDgal cunha degustación de menús propios

Os pasados días 24 e 25 de setembro a empresa Culinaria participou por segundo ano consecutivo no II Congreso da Asociación de Centros de Dia de Galicia, que se celebrou na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Foron dúas xornadas nas que Culinaria estivo presente nas ponencias nas que se trataron diferentes temas en torno a situación actual dos Centros de Día como centros preventivos.

O lema da edición deste ano foi “reconstruíndo o futuro con outra mirada á vellez”, e o obxectivo marcado é contribuír ao cambio de mirada cara as persoas maiores co obxecto de erradicar prexuízos sobre elas, xa que, como se constatou no congreso, non sempre vai asociada a inactividade, dependencia ou enfermidade.

Como novidade deste ano celebrouse unha mesa redonda na que participaron tres persoas maiores que amosaron os seus proxectos de vida.

Degustación de produtos propios no Congreso

 Pola súa banda, Culinaria participou no evento cunha mostra de produtos elaborados nas súas cociñas que ofreceu aos participantes como parte da degustación, e que contou cunha importante aceptación por parte dos asistentes.

Entre estes produtos figuraba un biscoito especial integral preparado para todo tipo de intolerancias. Baixo a denominación de Bizco San, Culinaria ofrece entre a súa oferta gastronómica este novidoso produto feito sen lactosa, sen azucres engadidos e sen edulcorantes artificiais e apto para diabéticos, intolerantes á lactosa e vexetarianos.

O encontro estivo organizado pola Asociación de Centros de Día de Galicia (ACDgal)