Dous Showcooking, protagonistas das actividades de Culinaria na Semana Verde
-
Hoxe sábado ás 18:00 horas no stand de Terras de Pontevedra, e mañá domingo ás 18:30 horas na Terraza Salimat
Silleda, 10 de xuño de 2023.- Baixo o título “Experimenta todo o sabor da baixa temperatura”, esta tarde e mañá domingo, CULINARIA ofrece ao público de Semana Verde dous showcookings nos que elaborará diferentes preparacións con carnes cociñadas a baixa temperatura.
Concretamente haberá seis modalidades de menús que se ofertarán ao público profesional polo cociñeiros de Culinaria, entre os que se atopan Tortilla con preparado, Focaccia de polo, Bocata de pulled pork de costela, Burriño de polo asador, miniburguer de carrilleira de tenreira; e como prostre, Mini tarta de queixo.
Con esta programación de fin de semana, CULINARIA oferta un amplo programa destinado a profesionais, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, elaborados coa técnica da baixa temperatura.
O cociñado a baixa temperatura é unha técnica Culinaria que consiste en aplicar fontes de calor de baixa intensidade aos alimentos, envasados previamente ao baleiro, co obxecto de cociñalos en períodos mais longos de tempo (varias horas).
Os resultados se traducen en alimentos con sabores máis contrastados e texturas máis suaves comparados cos métodos tradicionais, que é concretamente o que se quere amosar aos profesionais do sector con estas exposicións, así como o novo proxecto de produtos transformados a base de carne que se está a poñer en marcha para dar solucións ó canal HORECA.
A comercialización das carnes realízase directamente no envase ao baleiro empregado na elaboración, o que permite consumir o produto ata tres meses despois da súa preparación con total seguridade e características organoleópticas intactas.
A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran
entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.