Culinaria felicita a Javi Olleros polo seu recente nomeamento aos premios The Best Chef Awards
A candidatura do chef galego foi coñecida hoxe
Silleda 6 de abril de 2022.- Culinaria, empresa referente da restauración colectiva e social en Galicia, non quixo deixar pasar a ocasión de felicitar ao chef galego Javi Olleros, polo seu recente nomeamento aos premios The Best Chef Awards.
A candidatura foi coñecida hoxe, 6 de abril, e publicada pola conta de Instagram da famosa competición. Deste xeito, o cociñeiro galego opta a converterse no mellor cociñeiro do mundo.
Javi Olleros é o propietario do restaurante de O Grove Culler de Pau, que se atopa no ranking dos 200 mellores restaurantes de Europa e un referente da cociña galega.