O Galo de Curral, protagonista Gourmet do stand de Culinaria en Etiqueta Negra
-
Culinaria ofrece ao público asistente ao certame case unhas cen degustacións diarias deste produto gourmet de alta calidade
- Os cociñeiros de CULINARIA son os encargados da súa preparación asado ao forno e guisado con catro variedades de guarnicións
Silleda 12 de novembro de 2023.- O Galo de Curral de Vila de Cruces é o produto gourmet protagonista do stand da empresa CULINARIA na Feira Etiqueta Negra de Pontevedra. Durante tres días, ofreceranse diversas degustacións do Galo de Curral de Vila de Cruces e catro variedades distintas de guarnicións. CULINARIA acércase ao público dende un certame do gourmet galego que está na súa sétima edición.
Culinaria comeza así hoxe un programa destinado tanto a profesionais como a visitantes, no que presentan as diferentes elaboracións do Galo de Curral de Vila de Cruces. Para a súa promoción os asistentes disporán tamén de folletos cun código QR que enlazará á web onde se poderá ver un vídeo sobre a preparación do Galo e acceder a un enlace á tenda online para a súa adquisición.
Concretamente, as dúas elaboracións singulares que estarán presentes na Feira serán o Galo de Curral guisado con guarnición ao modo tradicional, recuperando a receita que se utiliza nestas terras dende tempos antigos; e o asado ao forno de forma lenta para potenciar o seu sabor suculento. Culinaria tamén quere “mimar” as guarnicións introducindo catro elaboracións distintas como é a tradicional de patacas e pementos asados, a de setas feita ao allo, a de castañas e ameixas , e a unha cuarta composta por un salteado de verduras frescas con brócoli, cenoria, mazurca de millo e pemento caramelizado.
Con este programa, Culinaria quere achegar a cociña rica, caseira e natural que se elabora diariamente nas instalacións que a empresa ten en Silleda e que se comercializa en toda Galicia, aos visitantes e profesionais que se acerquen a Etiqueta Negra.