IMG-20230608-WA0020

Primeira xornada da Semana Verde de Galicia: degustación de 1.500 tapas de 14 modalidades diferentes

Silleda, 8 de xuño  de 2023.-  Un total de 1.500 tapas de 14 modalidades diferentes foron as que se serviron hoxe na primeira xornada da Semana Verde de Galicia no stand de Culinaria.

Entre as 12:00 horas e as 15:00, os visitantes que se acercaron ao recinto feiral de Silleda puideron degustar 14 modalidades de tapas  diferentes entre as que se atopaban varios tipos de ensaladas frías, cremas frías, arroces e carnes cociñadas a baixa temperatura, incluído o Galo de Vila de Cruces. Tampouco faltaron as degustacións de prostres, entre as que se atopaban o arroz con leite e leite frito.

Culinaria continuará mañá con esta programación de degustacións aos visitantes na que volverá a ofertar 14 novas modalidades de tapas variadas. Asemade, haberá atención personalizada aos profesionais que precisen o servizo que se ofrece: comida tradicional galega servida coa última tecnoloxía para unha mellor conservación.

A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.