O6P0792

Profesionais e visitantes probaron máis de 300 tapas de Galo de Curral na Feira Etiqueta Negra de Pontevedra

  • Pola boa acollida do produto, Culinaria mantén o desconto do 15% no Galo de Curral para reservas feitas ata o 19 de novembro no enlace: https://menuatlantico.com/gourmet/

Silleda, 14 de novembro de 2023.- Durante os tres días de celebración da Feira do gourmet galego Etiqueta Negra, centos de visitantes pasaron polo stand de Culinaria e probaron as máis de 300 racións-degustacións que se ofreceron do Galo de Curral de Vila de Cruces realizadas polos cociñeiros especializados da empresa, Julio Mato del Río e Marcelo Torres.

Pola boa acollida do produto gourmet, Culinaria anuncia que mantén o desconto do 15% aplicado na Feira Etiqueta Negra pola compra do Galo de Curral para reservas feitas ata o 19 de novembro no enlace https://menuatlantico.com/gourmet/

O Galo de Curral de Vila de Cruces foi o produto gourmet singular e protagonista do stand da empresa CULINARIA. Concretamente, as dúas elaboracións singulares que estiveron presentes foron o Galo de Curral guisado con guarnición ao modo tradicional, recuperando a receita que se utiliza nestas terras dende tempos antigos; e o asado ao forno de forma lenta para potenciar o seu sabor suculento.

CULINARIA apostou polas guarnicións introducindo catro elaboracións distintas como é a tradicional de patacas e pementos asados, a de setas feita ao allo, a de castañas e ameixas , e a unha cuarta composta por un salteado de verduras frescas con brócoli, cenoria, mazurca de millo e pemento caramelizado, que tamén tiveron unha excelente acollida entre o público.

CULINARIA participou como empresa cooperante na difusión é promoción do Galo de Curral, criados ao xeito tradicional no Concello de Vila de Cruces. O ano pasado recibiron un galardón como empresa colaboradora por estas dúas elaboracións na Feira do Galo que se celebrou neste Concello de referencia a finais de decembro. Asemade, a empresa participa coa Asociación de Criadores de Galos de Curral de Vila de Cruces na promoción deste produto autenticamente galego, criados sen castrar e en liberdade e alimentados con produtos de tempada e cultivo orgánico que evita a graxa do polo industrial.