Unha edición máis, Culinaria amosa na Semana Verde de Galicia unha ampla mostra de menús
-
Cun stand propio no que se ofrecerán arredor de 2000 tapas degustación
Silleda, 6 de xuño de 2025.- A empresa Culinaria está presente tamén nesta 47º edición na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia cun stand propio no que ofrecerá diversas degustacións. Coa súa presenza acércase ao público dende un certame que está a ser un escaparate de Galicia para o mundo.
Durante os días da Feira, que remata o domingo 8 de xuño, Culinaria realizará un completo programa destinado tanto a profesionais como a visitantes, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuran ensaladas e entrantes, carnes, arroces e prostres.
Con esta ampla variedade, Culinaria quere achegar a cociña rica, caseira e natural que se elabora diariamente nas cociñas que a empresa ten en Silleda e que se comercializa en toda Galicia, aos visitantes e profesionais que se acerquen á Semana Verde. Concretamente, entre as 13:00 h e as 15:00 h poderán degustarse diferentes tipos de ensaladas frías, cremas frías, arroces e carnes cociñadas a baixa temperatura.
Nas tres xornadas que quedan de apertura da Feira, os cociñeiros de Culinaria elaborarán un total de 2000 racións-degustación que se ofrecerán ao público. Culinaria realizará tamén tres showcooking,s diarios nos que se elaborarán diferentes preparacións para dar a coñecer o novo proxecto de produtos que se está a poñer en marcha para dar solucións ó canal HORECA.
Asemade, haberá atención personalizada aos profesionais que precisen o servizo que se ofrece: comida tradicional galega servida coa última tecnoloxía para unha mellor conservación.
A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran
preto de 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.
Esta planta está especialmente deseñada e dotada para levar a cabo servizos de alimentación en liña fría ou quente que permite, asemade, combinar os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros. Esta dotación posibilita á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria.
No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornas clínicas e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.
