Culinaria pecha Semana Verde cun Showcooking
-
A partir das 14:00 horas de hoxe na Terraza Salimat (stand F14)
-
A cargo dos cociñeiros Julio Mato e Marcelo Torres e baixo o título “Culinaria máis que xantar”
Silleda, 02 de xuño de 2024.- Un Showcooking a cargos dos cociñeiros Julio Mato e Marcelo Torres será o espectáculo co que a empresa Culinaria pecha a súa participación nos actos da Semana Verde que durante catro días se celebra en Silleda.
A partir das 14:00 horas na Terraza Salimat (stand F14, pavillón 1) os dous cociñeiros do departamento de I+D da empresa realizarán diferentes elaboracións con carnes cociñadas a baixa temperatura fusionando as receitas de Quinta Gama coa cociña tradicional e a de vangarda.
Concretamente os cociñeiros exhibirán novas técnicas de cociña e mostrarán traballos con sifón, afumados e auténticos espectáculos de elaboracións propias.
Nos actos de peche de Semana Verde tamén se celebra a degustación entre as 13:00 h e as 15:00 h dos diferentes tipos de ensaladas frías, potaxes, guisos, arroces e carnes cociñadas a baixa temperatura, incluído o Galo de Vila de Cruces (asado e guisado), ademais de sobremesas. E completa o programa de hoxe o sorteo de 3 Galos de Curral de Vila de Cruces entre todos os que se acercaran ao stand de Culinaria.
No stand (H4) no Pavillón 1 –área profesional- durante catro días, Culinaria realizou un completo programa destinado tanto a profesionais como a visitantes, cunha coidada exposición e selección de pratos elaborados sen aditivos nin conservantes e con materias primas galegas de primeira calidade, entre os que figuran ensaladas e entrantes, carnes, arroces e prostres.
A empresa Culinaria conta cunha planta de produción propia de máis de 2.500 metros cadrados situada na Comarca do Deza, no corazón de Galicia, dende a que se elaboran entre 15.000 e 20.000 pratos día que se serven a uns 6.000 comensais diarios de toda a Comunidade galega.
Esta planta está especialmente deseñada e dotada para levar a cabo servizos de alimentación en liña fría ou quente que permite, asemade, combinar os procedementos da cociña tradicional cos sistemas de conservación máis innovadores e seguros. Esta dotación posibilita á compañía acadar un alto grao de planificación e organización da produción, ademais de garantir un máximo nivel de seguridade e hixiene alimentaria.
No marco desta concepción da alimentación como un dos piares da saúde individual e colectiva, Culinaria desenvolve a súa actividade centrada fundamentalmente en catro marcas recoñecidas, Culinaria Pro, con solucións de restauración para o ámbito profesional, Culinaria Sénior, con sección propia Xerocatering para o coidado nutricional das persoas maiores, Culinaria San, con proxectos específicos para entornas clínicos e atención á diversidade e Culinaria Kids, con pratos equilibrados e divertidos para os máis pequenos.